COMERCIO ELECTRÓNICO
Creamos tendas que se adaptan as características concretas do teu negocio e ofrecemos solucións en todos os puntos do proceso. É un negocio que funciona as 24 horas do día.
DESEÑO E DESENVOLVEMENTO WEB
Facemos páxinas de calidade, é dicir, que ofrezan tanto usabilidade como capacidade de atracción. Son páxinas únicas, que representan a túa empresa dunha maneira orixinal.
Optimización nos buscadores (SEO)
Revisamos os códigos de programación da túa páxina, melloramos o seu deseño e afinamos os seus contidos para conseguir que te posiciones por encima dos teus competidores.
REDES SOCIAIS
Situámoste nas redes sociais que máis che conveñan. Creación de perfiles, vinculación a web principal, guía de estilo, estadísticas, mantemento.
Mercadotecnia online
Ideamos campañas que promocionen a túa empresa en internet. Mediante accións de fidelización, experiencias participativas, viralidade... Buscamos que haxa un diálogo, un feddback dos teus consumidores.
Identidade
Facemos un diagnóstico da túa marca en internet, buscamos coñecer qué dice a túa marca e qué se di dela. Podemos construíla ou mellorala, encontramos a súa estratexia de posicionamento e analizamos a súa reputación.
Planificación dixital
Buscamos integrar a túa estratexia nos medios dixitais, tendo en conta os hábitos de consumo neste medio e as vantaxes únicas que nos ofrece. O resultado é unha folla de ruta que responde aos teus obxetivos únicos.
Aplicacións web
Apoiamos as túas ideas únicas conveténdoas en aplicacións orixinais. Solucións que xestionan as túas tarefas, o saldo dos teus clientes, as túas comunidades...
Contidos dixitais
Despregramos a nosa propia infraestructura de produción para as túas fotos e textos. Tamén para xerar material publicitario ou promocional en formato vídeo. Os nosos contidos adáptanse a varios idiomas.